Cómo andamos…

jueves, 19 de noviembre de 2009

... Tarde, mal e arrastro.
Com este blog queremos iniciarvos na mística sabedoría que podemos chegar a inculcarvos se nos seguides habitualmente na nosa carreira de fondo. Demostrándovos valerosas teorías fundamentadas na perspectiva de catro completos ignorantes que nom saben, nin entenden, nin pretenden saber nada do mundo actual.
A ignorancia é a nosa maneira de pensar, pensádeo vós.
Juan alias Skaltum:
Frikazo que ten por obxectivo absorver o maior número de píxeles por segundo, grazas ás súas inseparábeis amigas, videoconsolas en xeral. Criticando, asoballando e menosprezando todo o que nom ten que ver co seu mundo virtual.
Vitor alias nom confirmado:
Segundo frikazo que ten como costume levar todo a uma prespectiva artística, desde o caldeiro da basura ata um rolo de papel hixiénico nos cales se adica a escribir poemas. Capaz de moldear medio quilo de arcilha para crear uma cabeza humana en menos de tres minutos corenta e cinco segundos.
Álex alias Fiuza:
Cocinheiro (especial mención paelha), naturalista e conservador das boas costumes galegas, como o baile ou o lanzamento de cazola de arroz. Um home galego que nunca utilizou, nin utilizará un paraugas, prefire saír á rúa ataviado co típico chuvasqueiro de palha. Pero despois de varios ataques por parte de dúas vacas e um rabanho de setenta e dúas ovelhas pasouse á pel sintética.
Martín alias Tinho:
Adícase a destruír calquera cousa que nom lhe pertenza. Gran aficionado aos cereais, causantes do seu bo tránsito intestinal (como um reloxo suízo ). Especializado en flambeados ( debido ao seu bo tránsito intestinal ). Viaxeiro en todos os sentidos, viaxou ao espazo contra um muro de formigón para ver as estrelas e todos os sitemas planetarios posíabeis. O dono do muro foi indemnizado cun capacho de area e um saco de cemento.
Tango e Twingo:
Criaturas místicas que acostuman aparecer no noso piso á hora de comer...sobre todo legumes.
Tango fai acto de presenza en forma de sapo cando algún de nós arrota, a clave para que desapareza é "pisádeo".
Twingo aínda nom ten forma física, pero xa vos podedes imaxinar por onde sae cando o chamamos.
Próximamente, en Moito Melhor, vídeos, fotos e textos serios... ben, intentarémolo.
- Eu nom o creooooo!!!!!!!!

0 comentarios:

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP