O cadaleito de seis folhas

lunes, 23 de noviembre de 2009

O home cadaleito,

sistemas inestábeis do lume da auga

dentro da subsceptibilidade

e tomando substancias psicotrópicas como o aire e po

esbardallou catrocentas verbas

e sufrindo as consecuencias duma vida mortal,

fixo do seu interior um basureiro

loitando contra os xermes espirituais,

entón impermeabilizou a súa alma.



Nom quixo resucitar,

o grilo arrastraba o trebo,

ata que se percatou que lhe faltaban seis folhas

achegándose pauseninhamente dixo...

e o mundo encolheuse ata implosionar numa vida

e sem mirar, comezou a berrar.

O desprezo apareceu sostido pola cantidade

cando rebentou os miolos contra o espelho.

O grilo anterior, sumerxíuse nos choros, nos choros vitais

e arrincou os olhos de socate.

Area, terra,soidade,esquizafrenia,alucinacións,

aramio de espinho

nom hai tolos na vida, hai uma vida de tolos.


Cadáver esquisito por Vitor e Skaltum alias Viskaltum

0 comentarios:

  © Blogger templates Newspaper II by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP